Ola ola familias,
coma todos sabedes onte festexamos o día das letras galegas, o día foi moi pero que moi intenso. Primeiro fixemos as nosas tarefas habituais, rematamos o libro de Galicia e fixemos unha bandeira chulísima con pinceis e as nosas cariñas, porque ademáis de ser de Abegondo somos galegos. Despois saimos ó patio, as mestras tiñan preparados xogos tradicionais, son os xogos ós que xogaban nosos avós e nosos pais, máis tarde miramos como Luis e Jose Luis facían o tradicional churrasco nesta data. Ademáis tivemos actuacións e os maiores tocaron o himno galego coa flauta. Ahí non remataron as sorpresas pois o alcalde co seu equipo veu a entregar os premios do certame das letras galegas de Abegondo e......sorpresa, sorpresa....os premios foron para dous nenos da nosa clase, Martín Pedreda e Emma García que foron agasallados cun lote de libros, MOITAS FELICIDADES MARTÍN E EMMA!
Para rematar a celebración xantamos todos xuntiños no patio cuberto o churrasco e uns xeados que nos viñeron moi moi ben coa calor que facía, puxémonos morados!
Agora nos despedimos desexándovos un feliz día das letras galegas, tedes un lote de fotos do día no enlace coma sempre.
Felices vacacións,
l@s de 3 B.